Xa quedan poucos días para que Culturgal 2014 abra as súas portas. Do venres 5 ao domingo 7 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra desenvolveranse 150 actividades dos máis diversos ámbitos da cultura galega: literatura, música, artes escénicas, cinema, novas tecnoloxías, artes plásticas e visuais, gastrocultura… Tres días moi intensos para a nosa lingua e para a nosa cultura nos que públicos diversos, desde os picariños en cueiros até os profesionais e programadores, terán a oportunidade de coñecer as novidades máis recentes que presentan 70 expositores dos diferentes eidos da nosa cultura. Tres xornadas para compartir e gozar do entusiasmo dunhas industrias culturais que lonxe de calquera conformismo constrúen nun contorno moi difícil o seu proxecto desde a corresponsabilidade e a autoestima.
A continuación atopardes o programa desta edición do Culturgal.