OBRADOIRO DE MÁSCARA NEUTRA CON MAR NAVARRO E ANDRÉS HERNÁNDEZ DA AAAG

3 / 11 / 2014

A AAAG convoca este obradoiro cos prestixiosos mestres  Mar Navarro e Andrés Hernández os días 28,29 e 30 de Novembro cun total de 17 horas lectivas, na Casa da Cultura de Monforte de Lemos coa colaboración do Concello de Monforte e a Deputación de Lugo.

As horas lectivas repartiranse entre a tarde do venres, o sábado todo o día e a mañá do domingo. O traballo da máscara neutra levará ao actor a tomar conciencia do seu  propio corpo. A máscara atópase en estado de calma, desposuída de toda psicoloxía, obrigando ao actor a despoxarse de todo estado dramático co fin de esixirlle buscar no seu corpo un estado de calma igual ao da máscara. A través da máscara neutra traballaremos a presenza escénica, a economía do movemento e a proxección do xesto no espazo.

Tedes todos os detalles da convocatoria, prezo e forma de inscrición nos documentos xuntos ou na páxina web da AAAG

 

 

Categoría: Novas
Etiquetas: