XORNADAS DE FISCALIDADE NO SECTOR AUDIOVISUAL ORGANIZADAS POR AGAPI

23 / 09 / 2014

AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) celebrará os próximos días 9 e 10 de outubro unhas xornadas dedicadas ó Audiovisual. Baixo o título Fiscalidade no Sector Audiovisual trataranse temas como as desgravacións fiscais, os elementos clave dentro da dedución fiscal ou a amortización das producións cinematográficas. As xornadas terán lugar no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela en horario de 09:30 a 14:00h

Estas xornadas están subvencionadas pola Xunta de Galicia, a través de Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e contan co apoio de EGEDA (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales).

A entrada será gratuíta. Prégase confirmación de asistencia no correo electrónico: prensa@agapi.org antes do vindeiro 7 de outubro.

Máis información no programa adxunto.

Categoría: Novas
Etiquetas: