Hoxe luns, 2 de xuño, ás 20.30 e 23h terá lugar a proxección nas sesións da Filmoteca do Cineclube Padre Feijoo de “Verano”, de José Luís Torres Leiva.
-VERANO-
Director: José Luis Torres Leiva | Chile 2011 | 93′ | VOS
Sinopse: No contexto dun caloroso día de verán, cousas pequenas ocórrenlles aos visitantes e traballadores dun antigo balneario no sur de Chile. Experimentarán as longas horas de vacacións na natureza, durmindo ao sol, aprendendo a conducir, limpando a casa, bicándose por primeira vez, nadando de noite, camiñando ou falando…