Mañá mércores, 28 de maio ás 18, 20.30 e 23h proxectarase o filme “Moito ruído e poucas noces”, de Josh Whedon, no Cineclube Padre Feijóo.
-MOITO RUÍDO E POUCAS NOCES-
Director: Josh Whedon | EEUU 2013 | 108′ | VOSe | Mércores 28 | 18:00h-20:30h-23:00h | 4€*
Título orixinal: Much Ado About Nothing
Sinopse: Beatriz e Benedito non cren nos poderes do amor. Claudio, pola contra, deféndeo e desexa casar por riba de todo. Querendo unir a Beatriz e Benedito, todos os que os rodean urden un plan, pero no camiño á felicidade interporanse acontecementos cómicos e tráxicos. Vencerá o amor nesta nova adaptación do clásico de Shakespeare?.