A REALIDADE, DE ALBERTE PAGÁN, O SÁBADO NO CGAI

5 / 12 / 2013

Este sábado, día 7 de decembro ás 18.00h terá lugar a exhibición na sesión de Off Galicia no Centro Galego de Artes da Imaxe de A realidade, de Alberte Pagán, coa súa presenza. A REALIDADE

(España-Colombia, 2012)
Dirección, guión e produción: Alberte Pagán. Duración: 53 minutos.
Alberte Pagán dálle a volta ao documental informativo tradicional e relata a historia recente de Colombia, a descrición dun conflito civil entre os sucesivos gobernos e a guerrilla das FARC, ben afastado de toda narración oficial. Material de arquivo de televisións (canles españolas, youtube, FARC) e publicidade con carácter subversivo para un filme iconoclasta no discurso e na propia gravación das imaxes, captadas do aparato de televisión, un feísmo que invoca metaforicamente a manipulación da historia e da realidade.

Categoría: Novas
Etiquetas: