UN VERANO ARDIENTE PODERASE VER ESTA TARDE NO CGAI

17 / 10 / 2013

Hoxe, xoves 17 de outubro ás 18.00 e 20.30h, o Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta o filme de Philippe Garrel “Un verano Ardiente” para completar a súa filmografía.

UN ÉTÉ BRÛLANT / UN VERANO ARDIENTE
(Francia-Italia-Suíza, 2011)
Dirección e guión: Philippe Garrel.
Produción: Rectangle Productions, Wild Bunch, Faro Film e Prince Film. Fotografía: Willy Kurant. Intérpretes: Monica Bellucci, Louis Garrel. Duración: 95 minutos.
Paul coñece un pintor chamado Frédéric que está fondamente namorado da súa parella, a fermosa actriz Angèle. Paul vai vela a unha rodaxe e repara noutra muller: Élisabeth. As dúas parellas deciden pasar uns días en Roma para se coñeceren mellor. Mais a aparición doutro personaxe, Roland, provocará a ruptura de Angèle con Frédéric e o comezo dunha tormenta de verán con imprevisibles consecuencias. O CGAI segue a completar a filmografía de Philippe Garrel, cineasta audaz, radical, revelador de mundos interiores.

Categoría: Novas
Etiquetas: