CONCURSO AMAL EXPRESS 2013

16 / 10 / 2013

O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal convoca unha vez máis o concurso de curtametraxes Amal Express, unha actividade que conta coa colaboración de adnstream.tv e co apoio da Universidade de Santiago de Compostela. Amal Express consiste na realización dunha curta nun tempo “Express”, 72 horas e baseado nunha palabra clave proporcionada pola organización do Festival Amal. Esta iniciativa pretende fomentar a creatividade e a innovación, ademais de promover a cultura en soportes dixitais a través do cine.

A palabra clave sobre a que teñen que versar as curtametraxes participantes será desvelada o luns 21 de outubro de 2013 ás 12.00 horas a través da páxina web www.festivalamal.es e no Twitter @AmalFestival (#Amal2013).

Os participantes terán ata o xoves 24 de outubro ás 12.00h para subir a súa curta á rede en adnstream.tv, dentro da canle de curtas AmalExpress, onde os internautas poderán votar polo seu favorito.

As votacións teranse en conta e o xurado, formado polos membros do equipo da Fundación Araguaney – Ponte de Culturas, será encargado de escoller ao gañador.

O gañador recibirá un premio en metálico de 500€, será anunciado na web do Festival Amal e nas redes sociais do mesmo e a súa curta proxectarase o venres 25 de outubro no Hotel Eurostars Araguaney.

Tedes as bases e o formulario de inscrición na seguinte ligazón http://www.festivalamal.es/index.php?idMenu=27&int1=190

Categoría: Novas
Etiquetas: