II FESTIVAL DE CURTAS POR AMOR AL ARTE

29 / 08 / 2013

Baixo o título de “Festival de Curtos Por Amor á Arte”, créase unha semana cultural, na cidade herculina, con acceso libre tanto aos participantes, como ao público en xeral. O período de aceptación de curtos iníciase o 1 de setembro e  terá como data limite 30 de Novembro do 2013.

Cun obxectivo fundamental, a exposición de novos talentos, servindo como un escaparate das obras de arte que actualmente estanse realizando. O Festival celebrarase do 14 ao 22 de Febreiro do 2013. A duración será de noves días repletos de actos culturais, nos que terán cabida diferentes disciplinas:

Pintura

Fotografa

Representacións teatrais

Concertos musicais

Proxeccións dos curtas que participarán no concurso

 

Non existe ningún tipo de interese económico. O festival ciméntase sobre colaboracións tanto dos participantes como empresas de ámbito privado, persoas afíns,  institucións públicas e locais que se converterán en sedes. A única contra prestación será a publicidade que se desprenda da propia participación.

Este ano o noso lema será: “Porque non só o Padrino ten unha boa segunda parte”

Visita a web onde che contaremos con mais detalle en que consiste este festival, e onde atoparás como colaborar a nivel autor, sé ou patrocinador: http://www.festivalporamoralarte.org/

Categoría: Novas
Etiquetas: