Voz Audiovisual, productora de ficción de referencia en Galicia, anuncia a celebración dun cásting para nenas, este venres 26 de xullo, na Coruña. Búscase un perfil moi definido: nenas de entre 4 e 12 anos de idade, con algunha experiencia en teatro ou audiovisual.
As interesadas deben acudir, este venres 26 de xullo, en horario de 11.00 a 14.00 horas, ás instalacións da productora na Coruña (c/ Gambrinus, 97- Polígono da Grela). Aquelas que non poidan asistir poden enviar os seus datos persoais e 2 fotografías (cara e corpo enteiro) á dirección de correo: ana.fontan@vozaudiovisual.com.
A productora, creadora de títulos xa míticos da Televisión de Galicia, como Mareas vivas, a incombustible Padre Casares, ou Matalobos, recentemente galardoada co premio á Mellor Ficción Europea nos Prix Circom, iniciará en breve a gravación da primeira tempada de Chapa e pintura, que chegará á TVG, en horario nocturno de máxima audiencia e de forma semanal, o próximo outono.