PROXECCIÓN DE GUEST DE JOSÉ LUÍS GUERÍN

18 / 06 / 2013

No Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa proxecta mañá, mércores 19 de xuño ás 19.30 o filme “Guest” de José Luis Guerín, dentro do ciclo de cine documental español actual “Derivas do real”. A entrada é de balde, aforamento limitado.

O concepto “cine” está a cambiar ao mesmo tempo que o noso presente, onde o fluxo e as fontes das imaxes se multiplicaron. En concreto, o cine documental é hoxe por hoxe unha das súas parcelas máis fascinantes, en continua mutación e propón ao espectador novos desafíos fronte ao que está a ver. Actualmente, o xénero vive no noso país unha auténtica idade de ouro, onde as películas de, entre moitos outros, José Luis Guerín ou Isaki Lacuesta, se pasean por festivais de medio mundo acaparando premios e recoñecementos. Con este ciclo queremos radiografar o presente do documental español con catro títulos que se caracterizan por formular máis preguntas que respostas sobre como contar unha historia e sobre a propia natureza das imaxes. Todas elas son propostas diverxentes en forma e fondo pero converxentes na súa excepcional calidade.

19 de xuño de 2013, ás 19.30 horas

Guest (2010) José Luis Guerín

Obra clave dun dos puntais do cine documental no noso país. Un caderno de viaxe e unha busca: a dunha mirada pura, que desembocan nun cine libre, utilizando como pretexto o periplo de festival en festival que o realizador efectúa para presentar a súa película En la ciudad de Sylvia.

Categoría: Novas
Etiquetas: