MAÑÁ VENRES 14 CHEGA ÓS CINES A PELÍCULA SOMOS GENTE HONRADA

13 / 06 / 2013

Alejandro Marzoa debuta como director desta longametraxe protagonizada por Paco Tous, Miguel de Lira e Unax Ugalde, que mestura con habilidade comedia e drama. O filme chegará as salas comerciais de toda España o vindeiro 14 de xuño. Somos gente honrada narra a historia de dous país de familia e amigos de toda a vida que non pasan polo seu mellor momento. Tras chegar a cincuentena vense sen traballo nin cartos. Pero cando a situación é insostible topan pescando un paquete con dez quilos de cocaína. Deciden comezar a vender a droga para saír da miseria que están vivindo. Pero o dilema moral non é o único problema, que saben dous cincuentóns de cocaína? A película está producida por El Terrat, que ademais de producir Tapas para cine está detrás de éxitos televisivos como Buenafuente, Salvados ou Alaska & Mario; e a galega Vaca Films, responsable de Celda 211 e Invasor.

Categoría: Novas
Etiquetas: