OQO PRESENTA COCIÑA DE CONTOS. EUROPA Á CARTA

13 / 06 / 2013

Un proxecto europeo liderado por OQO e que busca unir gastronomía e literatura. Esta é a base de Cociña de contos. Europa á carta, a iniciativa que acaba de presentar a empresa galega e que conta coa colaboración da editora portuguesa O Bichinho do Conto e mais da polaca TAKO, ademais do Concello de Pontevedra. O proxecto, que se desenvolverá ata 2014, inclúe a realización de obradoiros literarios, artísticos e gastronómicos en España, Portugal e Polonia.

Ademais, a coincidir co vindeiro Salón do Libro de Pontevedra, que terá como eixe o lema Cociñando contos, e mais coa ciclo Sete Falares convocaranse os concursos europeos de ilustración e de narración oral, dotados respectivamente con 3.000 e 2.000 euros. O traballo premiado no certame de ilustración, centrado no conto popular A casiña e chocolate, amosarase nunha exposición itinerante e sairá editado nun libro acompañado dunha peza musical inspirada neste mesmo conto. Canda a isto, no marco do programa organizaranse outras actividades que vencellarán letras e comidas, e porase en marcha o web europaalacarte.eu.

Categoría: Novas
Etiquetas: