PROGRAMACIÓN DE XUÑO NO CGAI

3 / 06 / 2013

Os ciclos para o vindeiro mes de xuño no Centro Galego de Artes da Imaxe son: *S8. 4ª Mostra de Cinema Periférico. Con este festival o CGAI continúa un ano máis a súa  exploración polas vangardas mundiais. Nesta ocasión as sesións O decoñecido: cine, percepción e estados alterados. Ben Rivers e Ben Russell, coa presenza física e de traballos dos dous autores; foco Lois Patiño (tamén coa súa presenza) e un especial histórico consagrado a Arxentina, con títulos como Nobleza Gaucha (1915) de Gauche, Cairo e Martínez de la Pera, El último perro (1956) de Lucas Demare e Crónica de un niño solo (1956) do recentemente falecido Leonardo Favio.

*Desencadres: no camiño. Cinco películas que propoñen percorridos por espazos xeográficos ou imaxinarios: Easy rider (2012) e Small Roads (2011) de James Benning; The great northwest (2010) de Matt McCormick; Autrement, la molussie (2012) de Nicolas Rey e patience (alter sebald) de Grant Gee.
*Paisaxes do romanticismo. En torno a Rosalía de Castro. O 150 aniversario da publicación literaria emblemática, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, leva a un ciclo que ofrece unha visión panorámica do Romanticismo. Títulos da significación de Lola Montes (1955) de Max Ophuls; Remando al viento (1988) de Gonzalo Suárez; Bright Star (2009) de Jane Campion; Cumbres borrascosas (2011) de Andrea Arnold; El árbol de la vida (2011) de Terrence Malick e Melancolía (2011) de Lars Von Trier.
*Fóra de serie: estrea de Abrir puertas y ventanas (2012) de Milagros Mumenthaler, coa súa presenza, e Viola (2012) de Matías Piñeiro, tamén coa súa presenza.

Categoría: Novas
Etiquetas: