O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa acolle nas súas instalacións un obradoiro de “Cine expandido” que remata cunha conferencia a cargo de Claudio Caldini. A inscrición está aberta ata o 6 de xuño.
O taller terá lugar o luns 10 de xuño de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00h e o martes día 11 de xuño de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00h.
O cine tal como o coñecemos durante un século xa non existe, aínda que a maquinaria que o fixo posible continúa provocando unha experiencia perceptiva particular, máis vixente que nunca ao estar libre do compromiso de representar o real e as súas ficcións. Desperdiciada a oportunidade do Cinerama (1952-1962) de establecer a Polyvision (1927) de Abel Gance (o espectáculo rara vez optou pola autonomía pensante do espectador) durante os anos 60 e 70 o cine expándese subterraneamente con experiencias como o Movie-Drome onde Stan VanDerBeek proxecta os seus “noticieros de sonos” ou na intermitencia lumínica e cromática dos films e instalacións de Paul Sharits.
Hoxe vivimos a revancha do pequeno formato, último refuxio da poesía cinematográfica en soporte físico. Despoxado da nostalxia -outra forma da moda- o analóxico busca o desenvolvemento pleno das súas posibilidades instrumentais. (A conferencia de Claudio Caldini é o martes 11 de xuño ás 20.00 horas.)