A FAZAÑA DA LIBERDADE, DOCUMENTAL SOBRE ALEXANDRE BÓVEDA

2 / 05 / 2013

Preséntase o blog  do documental biográfico sobre Alexandre Bóveda titulado  “A Fazaña da Liberdade”.  Un documental que amosa o periplo vital dun dos personaxes mais influíntes e tamén más descoñecidos para a inmensa colectividade de Galiza e que reconstrúe a vida e actividade de Alexandre Bóveda (1903-1936). Facendista, economista, deseñador das Caixas de Aforros de Ourense e Pontevedra, impulsor do Estatuto de Galicia, integrante do Seminario de Estudos Galegos, cofundador e Segredario Xeral do Partido Galeguista e ante todo, bon e xeneroso, “entregado á causa galega”, como el gostaba dicir.

Neste blog imos comentando o proceso de elaboración deste documental producido pola produtora coruñesa Filmika Galaika SL. e dirixido por Seném Outeiro que conta ademais ca colaboración dos Excmos. Concellos de Poio, Ourense e Pontevedra, ademais da Excma Deputación de Lugo ,da fundación Galiza Sempre, da Revista Murguía, a Cátedra Alexandre Bóveda, a Fundación Alexandre Bóveda e a Fundación de Estudos de Galiza (FESGA) entre outros moitos. Sen eles sería imposible facer realidade este proxecto.

Link : http://afazanhadaliberdade.wordpress.com/

 

Categoría: Novas
Etiquetas: