LUÍS TOSAR ESTRÉASE COMO DIRECTOR CUN DOCUMENTAL SOBRE MULLERES NA INDIA

15 / 04 / 2013

Luís Tosar pasa ao outro lado da cámara e estréase como director en Cambia de papel, un documental codirixido por María Reimóndez e a cineasta támil Kutti Revathi. O filme trata a capacidade de impacto das mudanzas individuais e presenta de maneira anovadora a actividade da ONGD galega Implicadas no Desenvolvemento e da súa organización compañeira en Támil Nadu (India) PDI.

Pon o foco nos protagonistas que conforman a historia: os relatos de cambio de dez mulleres e un home, o propio Tosar, que viaxou até Támil Nadu para impartir un curso de teatro ás mulleres inscritas nos programas da ONGD. O documental estrearase o vindeiro martes 9 de abril ás 19:00 horas no CGAC, en Santiago de Compostela coa presenza do actor Luís Tosar e da escritora María Reimóndez O documental estrearase o vindeiro martes 9 de abril ás 19:00 horas no CGAC, en Santiago de Compostela coa presenza do actor Luís Tosar e da escritora María Reimóndez. É para os dous o seu debut na dirección dun filme, un traballo que comparten coa cineasta támil Kutti Revathi. Kutti Revathi é tamén escritora, editora da revista feminista Panikkudam e da publicación sobre cinema feito por mulleres Kannadi, e é colaboradora asidua en proxectos de Implicadas. A banda sonora corre a cargo do músico e compositor Piti Sanz (Los Contentos, Di Elas…) e a montaxe é un traballo do cineasta Jorge Coira (18 Comidas, El año de la garrapata…).

 

Categoría: Novas
Etiquetas: