A Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia, presentou o pasado venres, 8 de febreiro un novo taller no que se dará a coñecer a técnica Stopmotion, usada en videoclips, series, publicidade e cine.
Impartido polo profesor Edi Vieito (TVG – TVE) nas instalacións da escola e dirixido a profesionais, amateurs e alumnos de calquera disciplina relacionada co audiovisual, realizaremos unha aproximación ás técnicas de Pixilación, Stopmotion e Timelapse. A pre-produción e postproducción de pezas stopmotion e o programa Dragon Frame a un prezo anticrise de tan só 40€.
Data: 26 e 27 de febreiro de 16.00 a 20.00h
Onde: EGACI – Avda. da ponte 80 S/N (Cabral-Vigo)
Prezo: 40€
Prazo de inscrición: aberto ata o 22 de Febreiro (max. 25 alumnos)
+ Info: ola@egaci.net
facebook.com/egaci.vigo