O número cinco e medio, gravado na escea do crime, da orixe a unha comedia “corrosiva e insolente” que o Cineclube Padre Feijoo presenta con permiso de Noel Ceballos (Crítico de Fotogramas), que ademais di; ” é unha desas xoias aparentemente sinxelas que mataríamos por ver cada semana na carteleira”. Hoxe, mércores 6 de febreiro, ás 18.00, 20.30 e 23.00h, no Cinebox Ourense proxectase “O irlandés – The Guard”.
O irlandés “The Guard”
( Irlanda, 2011 )
Dirección: John Michael McDonagh | Guión: John Michael McDonagh | Música: Calexico | Fotografía: Larry Smith | Intérpretes: Brendan Gleeson, Don Cheadle, Liam Cunningham, David Wilmot, Rory Keenan, Mark Strong, Fionnula Flanagan, Dominique McElligott, Sarah Greene, Katarina Cas, Pat Shortt, Darren Healy, Laurence Kinlan, Gary Lydon | Produtora: Reprisal Films / Element Pictures / Crescendo Productions | Formato de proxección: 35 mm | VOSc
Premios e mencións:
2011: Globos de Ouro: Nominada ao mellor actor comedia/musical (Gleeson)
2011: Premios BAFTA: Nominada ao mellor guión orixinal
2011: Festival de Valladolid – Seminci: Sección oficial
Xénero: Thriller / Comedia negra
Sinopse: Un policía irlandés pouco ortodoxo vese forzado a colaborar cun axente do FBI para investigar un asunto internacional relacionado coas drogas.
Crítica:
“Cine negro ao servizo dun personaxe que se revolve con gusto no lixo do mundo e trata de sacarlle partido, O irlandés, apóiase tamén na comedia (escura) e nas buddy movies para redondear o que debería converterse nun serial coas aventuras do sarxento Gerry Boyle, bebedor, putañeiro e tipo demasiado intelixente. O espírito pulp e teatral de espazos, música peckinpahiana e claroscuros que o director utiliza ao contar a súa historia marca tamén a súa busca dun ton total” (Eduardo Galán, Cinemanía)
Para a introducción dos filmes, coma sempre convidamos ao público, e desta vez contamos co gosto de escoitar na presentación do mesmo, caracterizado como “Investigador” privado a Javier De Francisco
Lembramos que a vindeira semana, non haberá proxección. Retomaranse o ciclo de comedia e as proxeccións, o vindeiro día 20 de febreiro, co filme recen premiado nos Gaudi “Unha pistola en cada man” de Cesc Gay.