SESIÓN ADICADA A LAIDA LERTXUNDI NO CGAI

5 / 02 / 2013

O Centro Galego de Artes da Imaxe presenta mañá mércores 6 de febreiro (20.30 horas), dentro da sección experimental Desencadres, una sesión dedicada á artista vasca Laida Lertxundi (Bilbao, 1981), Landscape Plus. O cine de Laida Lertxundi. A sesión, coa presenza da propia autora Laida Lertxundi –haberá un coloquio posterior-, inclúe as súas películas máis recentes e unha escolla de obras en 16 mm. realizadas por Hollis Frampton, Bruce Baillie e Morgan Fisher, pezas influintes na súa produción. A entrada é de balde. LANDSCAPE PLUS. O CINE DE LAIDA LERTXUNDI    

(Estados Unidos-España, 2004-2011)
Dirección, guión e produción: Laida Lertxundi. Duración: 60 minutos.
Landscape Plus. O cine de Laida Lertxundi. Vasca establecida nos Angeles, o cine de Laida Lertxundi (Bilbao, 1981), realizado na propia zona dos Angeles e arredores, traza unha xeografía física e psicolóxica da rexión ao tempo que desmonta convencións cinematográficas. A sesión dedicada ao seu traballo inclúe as súas películas máis recentes –Farce Sensationelle! (2004), Footnotes to a House of Love (2007), My Tears of Dry (2009), Llora cuando te pase (2010) e A Lax Riddle Unit (2011)- e unha escolla de obras en 16 mm de Hollis Frampton (Lemon, 1969), Bruce Baillie (All my Life, 1966) e Morgan Fisher (Picture and Sound Rushes, 1974), autores todos eles que exerceron grande influencia na súa produción.

Categoría: Novas
Etiquetas: