RUBY SPARKS, MAÑÁ NO CINECLUBE PADRE FEIJOO

29 / 01 / 2013

Continúa o ciclo de comedia do cineclube este mércores 30 de xaneiro no Cinebox Ourense ás 18.00, 23.00 e 23.00h co filme “Ruby Sparks” que dirixiron os directores daquela divertida e tenra “Pequena Miss Sunshine“, con outra comedia desta vez, para abordar unha reflexión sobre a vida en parella.

RUBY SPARKS (EE.UU, 2012) VOS

Dirixida por Jonathan Dayton e Valerie Faris, con guión de Zoe Kazan

Nominada ao mellor guión nos Independent Spirit Awards 2012

Relata a  historia dun escritor que se namora dun dos seu persoaxes femeninos. Calvin Weir-Fields (Paul Dano) fora un neno-prodixio, cuxa primeira novela tivera unha grande sona.Pero, desde entón, sofre un sistemático bloqueo creativo agravado pola súa deprimente vida amorosa. Finalmente, conquire crear unha persoaxe femenina, Ruby Sparks (Zoe Kazan), que acaba materializándose e compartindo a vida con él.

Para a introdución dos filmes, coma sempre convidamos ao público, e desta vez contamos co gosto de escoitar na presentación do mesmo, ao escritor Xoan Tallón (que aínda que carece de bloqueos sistemáticos na súa creatividade, confirmou a presentación do filme na sesión das 20:30 h.)

Máis información en http://cineclubepf.blogspot.com.es

Categoría: Novas
Etiquetas: