A produtora Tintimán Audiovisual vén de asinar un acordo coa distribuidora colombiana Metro-TV para a comercialización en América do documental Pacios. As fotos da memoria, escrito e dirixido por Manuel Darriba. Esta distribuidora iniciará o seu traballo con Pacios presentándoa na feira de contidos Natpe, unha das citas máis importantes do sector audiovisual en América, a finais de xaneiro en Miami.
A película foi producida na primavera do 2011, e desde entón ten pasado polos festivais internacionais de Lucerna (Suíza), Tesalónica (Grecia) e o Festival de Cine Etnográfico de Santiago de Compostela. No 2012 foi incluída no catálogo de produción latinoamericana do Latin Side of The Doc (México DF).
Pacios narra o regreso do fotógrafo Toño de López á súa parroquia natal, no concello lugués do Incio, para retratar os últimos veciños cunha vella cámara de placas. Durante eses días de convivencia, recupera a memoria familiar e unha consciencia nostálxica do paso do tempo, amais de percibir o misteriosas que son as relacións entre a vida e a arte.
/* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:”Tabla normal”; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:””; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:”Times New Roman”; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;}