Adivina Producións roda nestes días as últimas secuencias da súa próxima longametraxe, que ten prevista a súa estrea en España e Arxentina para este ano. Inevitable é a terceira longametraxe de Jorge Algora (O neno de barro) e ten como protagonistas a Federico Luppi, Dario Grandinetti, Mabel Rivera, Antonella Costa e Carolina Peleritti. As escenas rodaranse en Santiago de Compostela e narran o encontro que tivo lugar nesa cidade nos anos 50 e que deixou unha profunda pegada nos protagonistas.
Déborah Vukusic interpretará o personaxe de Mabel Rivera de moza e Mighello Blanco o de Federico Luppi.
“Inevitable” conta a historia dunha parella aparentemente perfecta. A repentina morte dun compañeiro de traballo, fai que el busque refuxio nas teorías dun famoso escritor, que acabarán por convertilo na peza necesaria dun destino inevitable.
A película é un drama romántico, onde se mestura o platónico e o carnal.
Segundo o seu director, os personaxes desta historia están construídos con pequenos detalles, pero están impulsados por unha forza de dimensións clásicas.
Na banda sonora traballan, nestes días, os integrantes da banda de folk galega, Berrogüetto.
O guión esta baseado na obra de teatro “Cita ás cegas”, do arxentino, residente en Estados Unidos, Mario Diament, cunha adaptación do guionista Héctor Carré e o propio director.
SINOPSE
Fabián e Mariela son a parella perfecta, él é un importante executivo dun banco e ela ten unha consulta como psicóloga. A repentina morte dun compañeiro de traballo fai que Fabián busque refugio nas teorías dun famoso escritor cego que lacabarán por convertilo na peza necesaria dun destino inevitable.
FICHA ARTÍSTICA
Cego FEDERICO LUPPI
Fabián DARÍO GRANDINETTI
Olga MABEL RIVERA
Alicia ANTONELLA COSTA
Mariela CAROLINA PELERITTI
Cego Mozo MIGHELLO BLANCO
Olga Moza DÉBORAH VUKUSIC
FICHA TÉCNICA
Dirección Jorge Algora
1º dirección Federico Finkelstein/ Lorena Vilar
Guión Jorge Algora/ Hector Carré
Obra teatral Mario Diament
Prod. Executiva Susana Maceiras/ Luis Sartor
Dir. Produción Juan de Francesco/ Enrique Batet
Música Berrogüetto
Fotografía Suso Bello (AEC)
Son Rubén Piputto
Montaxe Guillermo Represa
Dir. Artística Sebastián Roses/ Andrea Pozo
Vestiario Mariana Polski/ Eva Camino
Maquillaxe Néstor Burgos/ Raquel Hidalgo
DATOS TÉCNICOS
Título: INEVITABLE
Xénero: Drama Romántico
Produtora: Adivina Producciones
Coprodutores: Zarlek, Progress Comunications
Localizacións: Santiago de Compostela, Buenos Aires
Formato rodaxe: Arri Alexa 4K
Formato proxección: 35mm Digital
Formato de pantalla: Cinemascope
Son: Dolby Digital
Idioma: Castelán
Nacionalidade: Española/ Arxentina
Duración: 94 min