Play-Doc, Festival Internacional de Documentais e máis R, o operador galego de omunicacións por fibra óptica, presentaron esta mañá en rolda de prensa a nova canle de subscrición Play-Doc TV para acceder, a través do servizo de vídeo baixo demanda de R, a contidos resentados anualmente no festival.
A iniciativa pretende ampliar a proposta do certame dando a coñecer un tipo de cinema documental que habitualmente non ten cabida nos espazos comerciais de exhibición e ao que é difícil acceder fóra do circuíto de festivais.
Desta forma, unha selección dos documentais máis destacados que pasaron e que pasarán polo festival, así como a obra de grandes realizadores aos que Play-Doc consagra amplas retrospectivas, exhibiranse agora tamén no catálogo de vídeo baixo demanda de R, cegando deste xeito a máis de 100.000 fogares en toda Galicia.
Play-Doc é un dos máis importantes certames do audiovisual galego e unha das citas de referencia no panorama estatal de festivais. A súa rigorosa e selecta programación, unidas á excelente acollida do público, son as claves do éxito deste certame independente. Pero é sobre todo o público xerado por Play-Doc, fiel, masivo e heteroxéneo, o que levou aos seus organizadores e ao operador galego R a programar a creación dunha nova plataforma, para lle dar maior visibilidade e acceso a este tipo de contidos.
Sistema de subscrición
Os clientes de televisión de R poderán acceder a esa escolma de documentais de Play Doc a través do servizo de “subscricións” de R, gratuíto neste período de lanzamento. A televisión dixital interactiva do operador galego permitirá acceder á lista de contidos á que o cliente se subscribe e visionar os documentais tantas veces coma queira, no momento que desexe e facendo pausas ou rebobinando ao seu gusto.
A canle Play-Doc TV comezou a súa programación en R coa filmografía completa de Ross McElwee, figura esencial do documental autobiográfico norteamericano, como prato forte. A ela súmanse unha selección dos contidos máis representativos que pasaron por Play-Doc nos últimos anos. Novos títulos iranse engadindo cada mes á canle, de maneira que o subscritor poderá acceder cada vez a máis documentais.
A organización de Play-Doc agradece a R a posibilidade que lle brinda ao festival de Tui de iniciar esta nova aventura, que supón un crecemento para o propio certame e unha oportunidade de ofrecer unha televisión de calidade e especializada.
Sobre VOD de R
Coa calidade da fibra óptica, o vídeo baixo demanda de R permítelles aos clientes deste servizo acceder a contidos gravados durante a última semana nunha serie de canles (“rebobina”) e reproducilos coma se dun vídeo se tratase. Parellamente R ofrece, no seu servizo de “catálogo”, a posibilidade de gozar das mellores estreas de cinema e doutros contidos a moi bos prezos e velos cantas veces se queira durante 24 horas a partir do momento da compra. O sistema de “subscricións”, no que se encadra a canle de documentais de Play-Doc, complementa o servizo de vídeo baixo demanda de R e representa unha vantaxe máis da televisión á carta que quere adaptarse en todo momento ás preferencias e necesidades dos espectadores.