Mañá venres, día 30 de novembro ás 20.00h terá lugar a proxección das dúas últimas películas do cine de outono no Museo Etnóloxico de Ribadavia coa proxección de El sol en el sol del membrillo e Ya viene, aguanta, riégueme, mátame. A entrada é gratuíta.
EL SOL EN EL SOL DEL MEMBRILLO
(2008 Los Hijos) 12 min.
Un lenzo inacabado pretendidamente pintado por Antonio López resiste (¿resiste?) as embestidas da natureza e o clima durante unha semana que é mostrada catro veces desde catro propostas audiovisuais diferentes, que analizan a relación entre o autor cinematográfico e a representación da paisaxe.
O documental na a prensa:
“A peza, exemplar na súa concepción e execución, va máis alá da cita en clave paródica para establecer un interesante (e neste caso necesario) diálogo coa tradición desde un posicionamiento documental plenamente contemporáneo”
(Elena Oroz. Blogs & Docs. Maio 2010)
“Manifesto fronte aos modelos observacionais do cine documental en España”.
(Angel Quintana. Cahiers du Cinéma España, setembro 2010)
YA VIENE, AGUANTA, RIÉGUEME, MÁTAME
(2009 Los Hijos) 9 min.
Actualización estética de catro secuencias icónicas da historia do cine español. Una procura estritamente xeográfica que coloca a cámara nos puntos exactos nos que se rodaron os pranos das películas orixinais. Sen iluminación, en edición de son e sen actores; simplemente o que hai diante da cámara.
O documental na a prensa:
“Esta obriña (pequena en dimensión, grande en concepto) sitúase na liña deses proxectos que sacan a súa forza da revisión documental dos territorios que previamente foron habitados e marcados a lume pola ficción”
(Santos Zunzunegui. Cahiers du Cinéma España, setembro 2010)