Os días 19, 20 e 21 de decembro de 2012, levaranse a cabo ás XII Xornadas de Mostra de Curtametraxes, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes once anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.
Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.
O obxectivo é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.
Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 30’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado da ficha cumprimentada antes do día 7 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.
Máis info en http://www.ateneoferrolan.org/images/stories/descargas/Ficha_%5BCurtas2011%5D%5Beditable%5D.pdf