O Festival de Cine de Alcalá de Henares (Alcine), tras pechar a súa 42ª edición, outorgou o Premio de mellor película na súa categoría de Pantalla Abierta a ‘Arrugas’ dirixida por Ignacio Ferreras.
Este premio coincide con proxeccións da película en Estados Unidos (Washington) e Macedonia, e xusto antes dos Premios Europeos de Cine que terán lugar o 1 de decembro en Malta e onde Arrugas é a única película española nomeada.