O FESTIVAL DE CINE AMAL ORGANIZA UNHA MOSTRA EN OURENSE

29 / 10 / 2012

O Centro Cultural Deputación de Ourense Marcos Valcárcel exhibirá catro películas cuxa temática principal é a música no mundo árabe que se enmarcan dentro dun Ciclo de Cine Musical creado por Amal para dar a coñecer diferentes aspectos sobre a música de Oriente Medio.

A primeira proxección será o 30 de outubro ás 20,00 h da tarde. Emitirase de forma totalmente gratuíta “Bridging the gap”, de Curi Cappellari. Unha película protagonizada polo famoso músico e compositor Rabih Abou-Khalil, na que se nos mostra como un mediador entre Oriente Medio e Occidente. Na cinta podemos ver ao músico nas súas dúas residencias, Munich e Beirut, así como nos ensaios coa BBC Orchestra en Londres.

O 31 de Outubro exhibirase “Festival in the desert”, de Lionel Brouet. Unha longametraxe documental rodada en Tombouctou. O Festival do deserto creouse en 2011 e está co-organizado polas asociacións AITMA, EFES e Essakane Production. Este festival que se orixina nas festas tradicionais touaregs, acolle artistas procedentes doutras partes de Mali e África, pero tamén de Europa e o resto do mundo.

“Checkpoint Rock”, de Fermín Muguruza e Javier Corcuera é un filme sobre a música e os músicos de Palestina. Proxectarase o día 2 de Novembro no mesmo Centro Cultural Deputación de Ourense.

Finalmente, o próximo día 3 de Novembro, ás 20,00 h será a quenda de “Next Music Station Marrocos”, de Fermín Muguruza. Muguruza é un cantante, instrumentista, produtor musical e director de cine vasco. Nesta longa documental fálanos dos movementos musicais que se foron producindo no norte de África ao longo dos anos. Está protagonizado pola Orquestra Chekara de Tetuán, OUM, H Kayne, Hamid O Kasri, Karima Skalli e Khadja O Ouarzazia.

Coas sesións de Ourense péchase o Ciclo itinerante de Cine Musical proposto por Amal para levar a música e o cine euroárabes a distintos puntos da xeografía galega. n Muguruza station: Marruecos0 h rchestra en Londres.omo un mediadior entre Oriente Medio y Occidente. Ser inviten museos de A C

 

Categoría: Novas
Etiquetas: