O Festival Internacional de Cine de O Cairo seleccionou o filme “Vilamor”, do director Ignacio Vilar, para a súa edición deste ano.
A 34 edición do Cairo International Film Festival celebrarase entre o 27 de novembro e o 6 de decembro, segundo informa a organización da película nun comunicado. Este festival está cualificado coa categoría A, ao igual que outros once certames no mundo, entre os que se atopan Cannes, Berlín ou Venecia.
Este recoñecemento únese á traxectoria internacional da película, que gañou o galardón á excelencia no Festival de Cine Internacional para a Paz de Jakarta (Indonesia), e recolleu os premio á mellor fotografía e banda sonora no Festival Internacional de Nova York.