A Academia Galega do Audiovisual celebrou unha nova edición do seu Foro Academia Aberta. Nesta ocasión, o tema foi a dirección artística.
Félix Murcia, director artístico de filmes como “Carmen” de Carlos Saura, “Mujeres al borde de un ataque de nervios” de Pedro Almodóvar”, “Secretos del corazón” de Montxo Armendáriz, “El perro del hortelano” de Pilar Miró e “El caballero Don Quijote” de Manuel Gutiérrez Aragón, entre outras moitas, visitou a cidade da Coruña os días 25 e 26 de outubro para impartir unha masterclass. Félix Murcia afondou nos elementos e profesionais que forman parte do departamento de dirección artística, falou do procedemento a seguir para elaborar un proxecto de dirección artística, dos criterios plásticos e o aspecto visual das películas, así como da ambientación e construción de decorados.
Colaboradores