O CGAI PROXECTA MAÑÁ POSITIVE GENERATION, DE DAVID TRUEBA

3 / 10 / 2012

O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta mañá xoves día 4 de outubro (20.30 horas) o documental de David Trueba Positive Generation. Haberá presentación e coloquio coa presenza de Marián Rodríguez, expatriada de Médicos Sen Fronteiras (organizadores da proxección) e experta en VIH. A entrada é de balde. POSITIVE GENERATION. VOCES POR UN FUTURO SIN SIDA   

(España, 2012)
Dirección: David Trueba. Produción: Médicos Sin Fronteras, Javier Limón e Alejandro Sanz. Fotografía: Leonor Rodríguez. Duración: 49 minutos.  
Documental producido por Médicos Sin Fronteras e inspirado nos coros que percorren cantando os camiños e vilas de Cimbabue para falar abertamente sobre a sida e rachar o estigma sobre esta doenza. Cancións que falan de vivir con dignidade se hai tratamento, de previr o contaxio, de pelexar contra a discriminación e facer sentir as persoas afectadas que non se atopan soas fronte ao virus. A presentación do pase correrá ao coidado de membros de Médicos Sin Fronteras, promotores da proxección.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: