O CGAI ESTREA O CICLO OFF GALICIA CON EM COMPANHIA DA MORTE

21 / 09 / 2012

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4 O Centro Galego de Artes da Imaxe inaugura o Off Galicia da tempada 2012/2013 coa proxección de Em companhia da morte (2012), traballo de corte etnográfico e prolongación natural do traballo de recollida da identidade e os elementos tradicionais por parte de Vanessa Vilaverde, Eduardo Maragoto e Joâo Aveledo en Entre linguas, a súa peza anterior. O traballo será presentado por un dos seus autores, Joô Aveledo, e polo membro de Amén Cinema, distribuidora do filme, o tamén director Marcos Nine. A entrada é de balde. 

EM COMPANHIA DA MORTE

(España, 2011)
Dirección e produción: Vanessa Vilaverde, Joâo Aveledo e Eduardo Maragoto. Fotografía: Eduardo Irago. Duración: 29 minutos.
Nalgures, nas montañas, aínda hai familias que saben que falecer forma parte da vida, e dulcifican o peor de todos os contratempos con historias sen cabida na sociedade en que a morte é levada para lonxe dos nosos ollos, recluída en hospitais e tanatorios. Son historias inquietantes en que o máis implacable inimigo humano se amosa en figuras comprensibles para a mente das persoas. O acompañamento é un dos nomes populares que ainda recibe o mito que a literatura galega do século XX reinterpretou como Santa Compaña. As persoas que dela nos falan viven moi lonxe da nosa visión da realidade, pero non tanto das nosas casas. De onde son estas mulleres vestidas de negro que foxen da morte tratándoa de ti? Este documental foi filmado na freguesia de Castro Laboreiro (Melgaço, Portugal) e montado por Ramiro Ledo.

Categoría: Novas
Etiquetas: