PRÓLOGO GAÑA O 40º CERTAME AUDIOVISUAL LICEO CASINO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

31 / 08 / 2012

Xa coñecemos os gañadores do 40º Certame Audiovisual Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, Curtas Film Fest 2012, que tivo lugar o 23 e 24 de agosto na localidade pontevedresa organizado por esa entidade. Competían 29 curtas, escollidas entre as 663 recibidas na convocatoria.

Entre todos os traballos finalistas, o xurado outorgou o premio á mellor curtametraxe, dotado con 1.000 euros, a Prólogo, de Lucas Figueroa. Pola súa parte, o premio á mellor curta de animación, dotado con 600 euros, recaeu en Ella, de Juan Montes de Oca; e o premio ao mellor realizador novel, dotado con outros 300 euros, recibiuno Don Enrique de Guzmán, de Arantxa Echevarría. Os tres galardóns incluían, ademais, un trofeo. Os premios entregáronse o 24 de agosto, durante unha gala ao aire libre na Rúa Castelao da poboación.

Categoría: Novas
Etiquetas: