O PROGRAMA DE CINE DE VERÁN REDECINEMA LEVA A PELÍCULA VILAMOR A 35 LOCALIDADES GALEGAS

10 / 08 / 2012

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia puxo en marcha, xunto ás deputacións provinciais de A Coruña, Pontevedra e Ourense, Redecinema, un novo programa de cine de verán.

Redecinema levará, entre agosto e setembro, a 35 localidades galegas que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística, o filme en galego Vilamor, de Ignacio Vilar, producido por Vía Láctea Filmes. Serán proxeccións gratuítas ao aire libre. A Xunta di que o novo programa entronca cos obxectivos recollidos no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que aspira a promover a creatividade con base en lingua galega e a aumentar a oferta de produtos de cultura e de ocio no idioma.

Categoría: Novas
Etiquetas: