LE HAVRE DE AKI KAURISMAK MAÑÁ, NO CGAI

28 / 06 / 2012

O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta mañá venres día 29 de xuño (18.15 e 20.30 horas) o filme de Aki Kaurismaki Le Havre (2011), premio FIPRESCI en Cannes. LE HAVRE / EL HAVRE     

(Finlandia-Francia-Noruega, 2011)
Dirección e guión: Aki Kaurismaki. Produción: Sputnik Oy, Pyramide Productions, Pandora Film, arte France Cinéma, ZDF/Arte, Canal + e The Finnish Film Foundation. Fotografía: Timo Salminen. Intérpretes: André Wilms, Kati Outinen. Duración: 92 minutos.
Marcel Marx, un escritor bohemio, autoexíliase na cidade portuaria de Le Havre, onde sente que está máis preto da xente despois de adoptar o honrado oficio de limpabotas e unha vez esquecidos os soños de gloria literaria. A súa vida transcorre entre o bar preferido, o traballo e a súa muller Arletty. Un día, Marcel crúzase cun emigrante menor de idade chegado da África negra. Arletty enferma e a Marcel non lle queda máis remedio que se alzar co seu optimismo e a solidariedade dos veciños como armas. Pelexando coa maquinaria dun Estado policial segue a pista ao mozo refuxiado. Enésima obra mestra de Aki Kaurismaki, excelente mostra dun cine singular, luminoso, cheo de respecto e interese pola condición humana. Premio FIPRESCI en Cannes.

Categoría: Novas
Etiquetas: