FICCIÓN PRODUCCIONES INCORPORA TECNOLOXÍAS DE ÚLTIMA XERACIÓN QUE PERMITIRÁN A REALIZACIÓN DE TODO TIPO DE PRODUTOS AUDIOVISUAIS SOBRE FONDOS VIRTUAIS

19 / 06 / 2012

O Grupo galego Ficción Producciones conta con novos sistemas de realización que lle permitirá competir no ámbito internacional con producións audiovisuais grabados sobre fondos virtuais. A adquisición destes sistemas contou coa axuda da Consellería de Economía e Industria por canto que supón un avance no campo da Innovación e Desenvolvemento no sector audiovisual, que neste caso, permite que a empresa sexa pioneira en Galicia no emprego destas novas tecnoloxías.

Onte tivo lugar a presentación in situ destes sistemas na sé de Ficción Producciones, presentación á que acudiron a directora da TVG, Rosa Vilas, O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos Fasero, así como –entre outr@s, a directora de Área de Crecemento e Valorización da Axencia Galega de Innovación –organismo autónomo dependente da Consellería de Economía e Industria-, Pilar Morgade. Foron o director xeral e a directora xerente de Ficción Producciones, Julio Casal e Mamen Quintas, quen explicaron ós asistentes e ós Medios de Comunicación presentes o funcionamento e o resultado destes novos e innovadores sistemas de captura de imaxes.

Que significa na práctica

Este sistema de captura de movemento en tempo real por cámaras de infrarroxos de última xeración, permite ó mesmo tempo a realización –tamén en tempo real- de traballos audiovisuais sobre fondos virtuais mdiante unha cámara Optitrack,  compatible coa captura de movementos, e o Tricaster, este último permite o control da realización sobre estes fondos virtuais.

A captura de movemento (Motion Capture, MOCAP), é o proceso de detección de movementos e traslado déste a un modelo dixital, é dicir, a un ordenador. Almacénanse as acción dos actores para logo, animar modelos dixitais co software Motion Builder co que ademais, poderanse integrar estes movementos cos seus persoaxes en escenarios concretos. Coa cámara Insight VCSPro de Optitrack Ficción Producciones poderá facer ó mesmo tempo a captura de movementos de cámara asignándoos en tempo real a unha cámara do entorno virtual xunto co escenario e os persoaxes, dotándoo de maior realismo á escena.

Funcionalidade do equipo

Este control de realización portátil pode traballar en tempo real con 8 sinais de vídeo externas e 4 internas (HD/SD). Ademais, o sistema ofrece unha amplísima gama de printers na tituladora integrada, que o converten nunha ferramenta inmellorable para a realización, personalización e gravación en directo de programas de tv, concursos, informativos, eventos deportivos, etc…

O Tricaster fai que calquera persoa poida producir simultáneamente, facer streaming, emitir, proxectar e gravar producións en modo HD (Alta Definición) y SD.

O sector audiovisual en Galicia conta pois, dende agora, con sistemas integrados de última xeración que ofrece inmensas posibilidades tanto no xénero da animación como nos anteditos produtos con FX. Ficción Producciones atópase así en condicións óptimas para competir nos mercados internacionais. En breve, lanzarase o seu primeiro produto multiplataforma, baixo a marca TUTÚ, www.ficcion-producciones.com/tutu composto por un pack de 5 xogos educativos con 3 niveis cadanseu, que vai destinado ó público de preescolar para as smarphones Iphone e Android, plataformas portátiles Ipad e Samsung e pantallas táctiles educativas, cuxa homologación nas devanditas plataformas foron xa superadas satisfactoriamente.

Un equipo desta envergadura profesional, é unha ferramenta de gran utilidade para as empresas Produtoras, canles de tv, empresas de eventos audiovisuais, así como escolas, universidades, emisoras de radio, etc…

Plató Croma e FX

A todo isto, Ficción Producciones suma un Plató Croma no que poderá realizar efectos dixitais, cromas e outras produccións sobre fondos dixitales ó plato. Conta con iluminación fría e cálida regulada e un proxector cunha pantalla de 2 x 3m para ver en tempo real os efectos.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: