PRESENTACIÓN DA APP IDEAS PARA ESCRIBIR

15 / 06 / 2012

O mercado editorial mudou moito nos pasados anos e tanto os blogs como as plataformas de autoedición deron a oportunidade a moitos escritores descoñecidos de acadar o soño de se converter en best-sellers. E é que en tempos de crise a creatividade pode marcar a diferencia. Por iso, os emprendedores galegos tras do proxecto Literautas.com presentan estes días unha aplicación móbil baixo o slogan “a inspiración no teu peto”.

iDeas para Escribir é unha app pensada coma un obradoiro literario para levar sempre enriba. Conta cunha serie de xeradores de ideas para lanzarse a escribir e unha completa lista de exercicios.

Con esta aplicación, xa dispoñible na App Store, o usuario pode inspirarse grazas aos disparadores creativos de primeiras liñas, títulos, personaxes e 5 palabras ao azar. Ademais, os exercicios da sección Obradoiro, organizados por nivel de dificultade e en distintas categorías, son unha boa guía para sacar o máximo partido destes disparadores.

iDeas para Escribir é útil tanto para profesionais como para escritores afeccionados. Trátase dunha aplicación para mellorar a creatividade e as técnicas narrativas, pero sobre todo para atopar a inspiración e gozar coa propia escritura.

Para máis información, pode visitarse a web  http://www.literautas.com/ga/apps/ideas-for-writing , ou o blog de escritura http://www.literautas.com/ga/blog/.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: