CONCLÚE O CONCURSO-OPOSICIÓN PARA A PROVISIÓN DE 193 VACANTES NA CRTVG

6 / 06 / 2012

Coa publicación dos listados definitivos de puntuación e da proposta de adxudicación de prazas concluíu o pasado luns o concurso-oposición do proceso extraordinario de consolidación de emprego para a provisión de 193 vacantes para persoal laboral fixo na Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades, iniciado en febreiro do ano pasado.

Os tribunais cualificadores do concurso-oposición trasladaron as súas conclusións á Dirección Xeral do ente público, órgano convocante, que as fixo públicas a través da web da CRTVG. Dende o momento da publicación abriuse un período de vinte días para que as persoas aspirantes que superaron a selección presenten a documentación complementaria establecida nas bases. Unha vez resolto este trámite, as persoas que superaron a selección serán convocadas para tomar posesión das prazas conseguidas. O proceso ten o seu orixe nun acordo do ano 2007 entre a dirección da CRTVG e o Comité Interempresas, e pola súa característica de consolidación non implica un aumento de persoal.

Podedes consultar o listado en http://www.crtvg.es/crtvg/oficina/emprego-e-practicas/proceso-selectivo-excepcional/comunicado-92-publicacion-das-listaxes-definitivas-de-puntuacions-do-concurso-oposicion-e-da-proposta-de-adxudicacion-de-prazas#.T88GylL0uDE

Categoría: Novas
Etiquetas: