O 11 de xuño arranca a rodaxe de “Inevitable”, a nova longametraxe de Jorge Algora (El niño de barro), que rodará en Bos Aires e Santiago de Compostela, entre os meses de xuño e setembro deste ano.
A película estará protagonizada por Darío Grandinetti (El lado oscuro del corazón), Federico Luppi (Un lugar en el mundo), Mabel Rivera (Mar a dentro), Antonella Costa (Garaje Olimpo) e Carolina Peleritti (¿Quién dice que es fácil?). Contará coa dirección de fotografía de Suso Bello (AEC), a dirección de arte de Sebastián Roses e a produción executiva de Susana Maceiras e Luis Sartor.
O guión é unha adaptación da exitosa obra de teatro “Cita a ciegas”, de Mario Diament., escrita por Héctor Carré e Jorge Algora.
“Inevitable” é unha historia de encontros, decisións e casualidades na que os personaxes transitan entre o amor ideal e o puro sexo.
Nesta coprodución participan Adivina Producciones, Zarlek, Progress Communications, TVG, ICAA e a Xunta de Galicia a través de AGADIC, e conta co financiamento de AFIGAL.