MATALOBOS DESPÍDESE DA TVG CO SEU RÉCORD DE AUDIENCIA DAS DÚAS ÚLTIMAS TEMPADAS

4 / 04 / 2012

Matalobos despediuse, onte martes, da grella da Televisión de Galicia; e fíxoo ao grande. Unha media de 234.000 espectadores fixeron do capítulo 74 da serie o máis visto das dúas últimas tempadas. A ficción de Voz Audiovisual foi, unha noite máis, líder absoluto de audiencia en Galicia.

Promesas cumpridas é o título do capítulo 74 da serie Matalobos, co que a ficción galega pechou tempada, a pasada noite, na Televisión de Galicia. Pese á forte competencia coa que se iniciou a emisión, pois TVE emitía o partido de Champions entre o Barcelona e o Milán, cun  arrastre do 42,7% de share, en só dous minutos, a ficción galega logrou posicionarse como líder de audiencia.

Cun 18,9% de cota de pantalla e picos do 20,6% de share, a serie impúxose, unha noite máis, a toda a oferta en competencia na súa franxa de emisión.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: