156 FILMES DE 33 PAÍSES COMPITEN ESTE ANO EN ANIRMAU EN LALÍN

14 / 03 / 2012

No 2012 contará con 156 filmes que buscarán acadar algún dos premios da segunda edición do Festival Didáctico de Animación organizado polo instituto Ramón María Aller de Lalín. Anirmau presentará en Galicia o mejor da animación mundial e converteuse no sexto en categoría dos existentes en España.

Trátase de exemplos procedentes tanto das nosas terras galegas, así como do resto de España, cintas que se acompañan doutras procedentes de 33 países estranxeiros. Entre elas, contan cun poco de todo, xa que teñen nomeadas ou gañadoras de premios tan importantes como os Oscar, os Goya, os BAFTA, os César, os Annie…; ademais dun extenso número de exemplos seleccionados en festivais tan prestixiosos como a Berlinale, Sundance, San Sebastián, Sitges…, entre os máis coñecidos; ou en Annecy, Clermont-Ferrand, Ottawa, Cinanima, Anima Mundi, Animac, Filmets…, no campo dos máis importantes a nivel máis específico. As cifras amosan un bo nivel que a bo seguro se poderá ratificar nas proxeccións do festival. 

Entre os filmes chegados da nosa canteira, contaremos con 8 títulos que son unha boa mostra do potencial do audiovisual galego. O listado completo confórmano Birdboy (recente gañadora do Goya), Gato Encerrado (última gañadora do Premio Mestre Mateo á mellor curta de animación), O Sapateiro (coprodución con Portugal seleccionada en Annecy) e Vicenta (nomeada aos Premios Goya do pasado ano) dentro da Sección Oficial de Curtametraxes; A pota que trota e Fiz, o coleccionista de medos (ambas de OQO Films) na Sección Oficial de Curtametraxes Educativas; e o filme divulgativo Estrategias adaptativas: hipótesis de la «alarma contra ladrones» (producido pola Universidade de Vigo) e o vídeo musical Freilach na Sección Oficial Multimedia. Oito propostas interesantes que nos fará sentir orgullosos do noso cinema.

Programación e máis info en http://www.anirmau.com/anirmau-12/

Etiquetas: