Anacos, a nova curtametraxe de Xacio Baño, fará a súa estrea oficial no Festival Internacional de Cine de Las Palmas, dentro da sección oficial xunto con outras 10 curtas internacionais. O festival transcorrerá entre o 16 e o 24 de Marzo.
A curta, protagonizada por Mabel Rivera, Fernando Morán e Xosé Barato, foi rodada o pasado mes de setembro na localidade de Meixigo, concello de Cambre, durante dous días.
O proxecto contou cunha axuda da Agadic ao desenvolvemento do talento audiovisual galego no 2011 na categoría de curtametraxe Experimental. Para a etapa que comeza agora de distribución e exhibición a película contará coa colaboración de Marvin&Wayne coma distribuidora asociada.
A curta nace como unha evolución formal do anterior traballo de Xacio Baño, Estereoscopía. Ten unha duración de seis minutos, e é unha aposta por xogar coa linguaxe, e xogar con conceptos como a deconstrucción do fotograma e dos espazos físicos e a ruptura do tempo das accións, para favorecer a expresivividade do relato.
ESTEREOSCOPÍA
Estereoscopía, logo de case cumprir un ano no circuíto de Festivais, roza as cincuenta seleccións entre as que destacan o Festival de Málaga, o de Brest en Francia, ou o Spanish Cinema Now no Lincoln Center de New York.Leva acadado sete premios, entre eles os de mellor curtametraxe do xurado no pasado Festival de Cans e o de Mellor curta Galega no Curtocircuito.
Esta mesma semana Estereoscopía poderase ver no festival IBAFF de viaxe e creación de Murcia, e en vindeiras datas no festival CreatRivas de Rivas Vaciamadrid, ou no Cineglobe de Suíza. Tamén é finalista dos premios Mestre Mateo á mellor curta de ficción.
Webs:
http://lpafilmfestival.com/events/anacos?locale=es
http://www.facebook.com/anacos.shortfilm
http://www.rebordelos.com
http://www.xacio.es
Contacto:
Telf: 0034 606555524