AS XORNADAS XOCIVIGA DE O CARBALLIÑO ABREN O ANO CUN CICLO DE CURTAS GALEGAS

24 / 02 / 2012

O 24 e 25 de febreiro terá lugar no Auditorio de O Carballiño outro dos ciclos que se están programando estes últimos meses no marco das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga), que organizan o Concello desa localidade ourensa e o Cineclube Carballiño. Leva por título “Xociviga en Curto”.

Programaranse catro programas de curtas, en sesións dunha hora de duración, ás 18:00, 19:30, 21:00 e 23:00 horas. Cada programa ofrecerase dúas veces, unha o venres e outra o sábado, para dar máis facilidades ao público interesado en visionar os traballos. Poderanse ver obras de autores galegos como Marcos Fernández, Gustavo Docamo, Alfredo Pardo, Simón Vázquez, Edu Lavandeira, David Vázquez, Pachi Baranda e Manuel Nanín, e Rubén e Santiago Rodríguez, algúns deles da comarca. A entrada ás sesións é gratuíta.

 

 

 

Categoría: Novas
Etiquetas: