ARRINCA EN SANTIAGO O III FESTIVAL DE CINE FEITO POR MULLERES, MUFEST 2012, CON 13 OBRAS A CONCURSO

22 / 02 / 2012

Hoxe, mércores 22 de Febreiro a partires das 19.30 h comeza no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) en Santiago de Compostela, a terceira edición do MUFEST (Festival de Cine feito por Mulleres) organizado pola Asociación Andaina de Mulleres.

PROGRAMACIÓN MÉRCORES 22

19.30: Apertura do MUFEST. Presentación a cargo da actriz galega Pilar Pereira.

20.00:  Charla sobre directoras portuguesas con Ana Catarina Pereira, xornalista que está a realizar o seu doutorado en Ciencias da Comunicación na Universidade de Beira Interior e especialista en teorías feministas aplicadas ao cinema portugués.

21.15. Estrea en Galiza da curtametraxe inglesa SIS e presentación da man da súa directora Deborah Haywood.

O MUFEST (Festival de cine feito por mulleres) ten como obxectivo promover o crecemento cultural e artístico e o impulso das futuras realizadoras, produtoras e escritoras. O MUFEST apoia a creación de novas obras audiovisuais que amosen novas perspectivas, tanto sociais como  culturais, fomentando a diversidade e a visibilidade. Pretendemos ofrecer un espazo de difusión e exhibición onde directoras e produtoras entren en contacto coas súas audiencias.

Xúntase cartaz e programación.

Para máis información:  www.andainamulleres.org

andaina@andainamulleres.org

mufest_andainamulleres@nodo50.org

Categoría: Novas
Etiquetas: