Os días 11 e 12 de febreiro (21.00h), a Compañía Bichakadela volve á Sala Santart de Compostela con dúas funcións máis de Soños. E digo eu…, os soños…, pode ser o que lle está pasando a un, non?
Eu soño, ti soñas, el soña… Circulares, Concéntricos, entramos e saímos no soño de cada un, no soño de todos…
Teatros e teatrinos…Sonrisas e Bágoas, ou era Mary Poppins? Os soños de durmir, os soños que temos cando despertamos…Sempre o teatro… como soño maior e a música…nun espazo pequeno cabe un mundo…
Ó xeito das bonecas rusas, hai un soño dentro doutro, parece que despertamos, só o parece?
Ah… moi ben….
Facede pasar ao infinito…e aclaramos
ISTO NON É UN XOGUETE.
Reverencia, señores…
Máis información en: http://latiamardalina.com/distribucion/bichakadela-sonos