A CIDADE DA CULTURA PON EN MARCHA OBRADOIROS AUDIOVISUAIS INFANTÍS

23 / 01 / 2012

A consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Cidade da Cultura, organiza durante os catro fines de semana de febreiro, “Un Gaiás animado”, un programa co que achegar o mundo audiovisual aos nenos de entre 5 e 14 anos. A produción corre a cargo de Ese 8.

 

A consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Cidade da Cultura, organiza durante os catro fines de semana de febreiro, “Un Gaiás animado”, un programa co que achegar o mundo audiovisual aos nenos de entre 5 e 14 anos. A produción corre a cargo de Ese 8.

A actividade “Un Gaiás animado” está formada por dous obradoiros independentes: un sobre a técnica de stop-motion e outro en torno ao cine mudo, no que os participantes poderán traducir a súa creatividade en pequenas imaxes en movemento. O obradoior de Stop-Motion tratará de que nenos de entre 6 e 14 anos elaboren a súa propia curta de animación, participando en tódalas súas fases: guión, confección de personaxes e rodaxe. Plastilina, area, pedras, figuras de prástico ou papel celofán serán algúns dos materiais que empreguen para crear os seus protagonistas e escenarios, aos que logo darán vida ante unha cámara. Este obradoiro desenvolverase na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura ao longo de catro sesións que terán lugar tódolos sábados de febreiro (4, 11, 18 e 25) en dúas quendas: ás 11.30h de 6 a 10 anos; e ás 17.30 de 11 a 14 anos. Hai 25 prazas para cada sesión, cun custe de 3 euros e os gastos de xestión.

O obradoiro de cine mudo, pola súa banda, está dirixido a nenos de entre 5 e 12 anos que, a través de construcción de coñecidos xoguetes ópticos como o zootropo ou o flipbook (libro de cine), descubrirán dunha forma amena e divertida os orixes da imaxe en movemento. A Biblioteca de Galicia será tamén o escenario que acolla este obradoiro, que se desenvolverá en catro sesións tódolos domingos de febreiro (5, 12, 19 e 26). A actividade tamén terá lugar en dúas quendas para adaptar os contados ás diferentes idades: ás 11.30 para nenos de 5 a 8 anos, e ás 17.00 para os de entre 9 e 12 anos. Cóntase con 20 prazas para cada unha das sesión, cun custe tamén de 3 euros mailos gastos de xestión.

As entradas para participar nos obradoiros poden adquirirse dende onte en www.servinova.com ou www.cidadedacultura.org

 

Categoría: Novas
Etiquetas: