O LAV 2012 xa está en marcha e quedan poucas prazas. Os obradoiros nos que aínda te podes inscribir son os seguintes:
Animación Stop Motion: este ano contamos con unha parella de luxo no obradoiro: Tomás Conde e Virginia Curiá, os creadores de Algarabía Animación. Tomás e Virginia teñen unha gran experiencia impartindo obradoiros deste tipo e asegurámoste que son moi moi divertidos. Os resultados que consiguen son espectaculares en moi pouco tempo. Un xoia de obradoiro.
Ferramentas básicas de preproducción audiovisual: o Story Board: Este obradoiro é unha das novidades deste ano. O Story Board é fundamental para que todo o equipo poida traballar coordinado e saiban que é o que están a facer no proceso creativo. Contra do que poida parecer, non fai falta ser un gran dibuxante para facer Story Boards eficaces e funcionais. ¿Sabes facer monigotes? entón podes facer un Story Board.
Márketing para Proxectos Audiovisuais: Outra das novidades deste ano. ¿Tes feito algún proxecto audiovisual e ninguén se enterou fóra do teu círculo de amizades e familiares? Iñaki Quenerapú guiarate en técnicas esenciais de mínimo investimento para dotar ao teu proxecto de unha identidade propia e atractiva. Todo na máis pura filosofía “Senunpeso”.
Interpretación na Dobraxe: A última novidade deste ano incide nun dos aspectos da interpretación máis descoñecidos. ¿Como se lle pon voz a un dibuxo animado, a un malo do oeste ou a un robot como HAL9000? Non todo é que coincida o movemento dos labios, fai falta unha técnica depurada para que o resultado sexa creíbel.
Máis info en http://www.senunpeso.org