SUSANA DE LA SIERRA, NOVA DIRECTORA XERAL DO ICAA

16 / 01 / 2012

O Consello de Ministros do 13 de xaneiro, aprobou o nomeamento de diversos altos cargos no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte que comanda José Ignacio Wert. Un deles é o de Susana de la Sierra como nova directora xeral do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuales (ICAA). Susana de la Sierra Morón, que releva como directora xeral do ICAA a Carlos Cuadros, naceu o 5 de marzo de 1975 en Santander. Licenciada en Dereito pola Universidade de Cantabria, cursou un Máster en Dereito Alemán e Comparado pola Universidad de Bayreuth en Alemaña, e é doutora en Ciencias Xurídicas polo Instituto Universitario Europeo de Florencia. É profesora titular de Dereito Administrativo e directora do Centro de Estudios Europeos na Universidade de Castilla-La Mancha. Especialista en Dereito da Cultura, en particular do cine e a súa fiscalidade, foi profesora invitada nas universidades de Oxford e Columbia de Nueva York, onde completou a súa investigación sobre a regulación da cinematografía no Dereito comparado. Conta no seu haber con máis de corenta publicacións en diversos idiomas. Fala con fluidez alemán, francés, inglés e italiano, e realizou estudios avanzados de ruso.

O Consello de Ministros aprobou hoxe outros no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte que comanda José Ignacio Wert. Así, María Teresa Lizaranzu foi nomeada directora xeral de Política e Industrias Culturais e do Libro; Jesús Prieto, director xeral de Belas Artes e Bens Culturais e de Arquivos e Bibliotecas; Miguel Angel Recio, director xeral do Instituto Nacional das Artes Escénicas e dla Música; Xavier Gisbert, director xeral de Avaliación e Cooperación Territorial; José Canal, Secretario Xeral Técnico; María Amparo Camarero, Secretaria Xeral de Universidades; Miguel Cardenal, presidente do Consello Superior de Deportes; e Montserrat Gomendio, Secretaria de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades. A toma de posesión destes altos cargos terá lugar hoxe, luns 16 de xaneiro na sede do Ministerio.

Categoría: Novas
Etiquetas: