O CGAI ADICA UNHA SESIÓN A EVA QUINTAS

13 / 01 / 2012

O Centro Galego de Artes da Imaxe organiza mañá sábado día 14 de xaneiro (18.00 horas) unha sesión dedicada á directora Eva Quintas, coa estrea do seu traballo en Estados Unidos Soap Opera (2011) e a recuperación de dous traballos anteriores, Premio (2006) e Palíndromo (2007). A sesión será presentada pola súa autora, que terá un encontro co público unha vez finalizada a proxección. A entrada é gratuíta.  SOAP OPERA   
(España-Estados Unidos, 2011)
Dirección: Eva Quintas. Guión e produción: Jennifer Gerber. Fotografía: Cory Dross. Intérpretes: Will Cart, Jody Flader. Duración: 10 minutos. 
Aproximación ás relacións humanas realizada pola súa autora nunha estadía académica en Estados Unidos. Nun lugar tan pouco inspirador coma unha lavandería xorde unha historia de amor que se estrutura nos ciclos de lavado, centrifugado, secado e dobrado, uns ciclos acordes co estado da relación entre Cheryl e Charlie.

PREMIO   
(España, 2006)
Dirección e guión: Eva Quintas. Produción: Eva Quintas e Natalia Quintas. Fotografía: Xacobe González. Intérpretes: Anabel Lago, Luis Iglesia, Xulio Abonjo. Duración: 9 minutos. 
A vida de Tín, un rapaz de 25 anos que consigue a través de concursos todo o que ten, organizando a vida de xeito que vive dos propios premios. Coñeceremos qué pensan del as persoas do seu entorno.

PALÍNDROMO   
(España, 2007)
Dirección e guión: Eva Quintas. Produción: Natalia Quintas. Fotografía: Xacobe González. Intérpretes: Luis Iglesia, Mariña Sampedro. Duración: 10 minutos. 
Unha historia que podería ser vista igual ao dereito que ao revés. Ana, a súa protagonista é unha nena de 10 anos para quen o mundo parece rematar tras interpretar literalmente as palabras dun adulto. Este feito ten moito que ver cun palíndromo co que comeza a obsesionarse.

Categoría: Novas
Etiquetas: