A Comunidade de Madrid promove o 7º Encontro Profesional de Produtores e Guionistas de Curtametraxes dentro do marco da 14ª Semana da Curtametraxe da Comunidade de Madrid de 2012. Este encontro está aberto tanto a guionistas de curtas que non atopan produtora, como a produtores que buscan historias.
Ata o venres 2 de marzo de 2012 está aberta a convocatoria dirixida a guionistas que buscan produtora e a empresas implicadas na produción de curtas que concluirá cun encontro aberto no que os 10 proxectos finalistas presentarán o seu traballo ante produtores no marco da 14ª Semana da Curtametraxe da Comunidade de Madrid.
Os guionistas que queiran optar a participar neste Encontro poderán presentar un máximo de 2 guións que terán que ir acompañados dos datos do autor, o seu currículo e unha sinopse.
As empresas de produción que queiran participar deberán enviar os datos da compañía e do representante que acudirá ao Encontro.
No arquivo adxunto tedes as bases deste Encontro.